luns, 18 de marzo de 2024

"21 e 22 de Marzo"

O 21 de marzo está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore" e o 22 de marzo como "Día da Auga". 
Para commemorar estas datas temos a seguinte proposta:
- Facer uso do tempo da hora de ler en Ed. Primaria e da hora do conto en Ed. Infantil  para adicarllo á poesía ao longo da semana
- Plantación nos diferentes bancais ao longo da semana
Podedes revisar nos recursos da biblioteca e atoparedes moitos exemplares relacionados coas 3 temáticas destes días.
Nos seguintes enlaces podemos atopar recursos variados:
CPI da Cañiza
Son de Poetas
Grazas a todas as persoas que colaboraron na súa elaboración e o compartiron.
E ademais non esquezamos viaxar coa imaxinación e coa axuda dos seguintes vídeos.
O primeiro, unha mostra da marabilla dos nosos bosques de Xoan Arco da Vella 
Para continuar, unha fermosa peza do libro "A música das árbores" con letra de Anxo Moure e música de Servando Barreiro.
E outra dos mesmos autores desta volta dedicada á auga do libro "A música da auga"
  
Deseguido, "El lenguaje de los Bosques", vídeo elaborado a partir da idea orixinal do grupo Xenfor (Genética y Ecología de la Resistencia a Insectos en los Pinos) e organizado por CSIC Galicia e MBG- Misión Biolóxica de Galicia
E para rematar, un vídeo dedicado á auga, "Cae una gotica de agua" interpretado por Roxana, producido polos estudios de animación ICAIC

mércores, 13 de marzo de 2024

"Campionato de Xadrez 2024"

Rematamos o noso Campionato Anual de  Xadrez coa entrega de Diplomas de Participación. 
Todas e todos os que  xogaron recibiron o seu. 
O campionato celebrouse ao longo de 2 semanas,  cunha moi boa acollida por parte do alumnado e con partidas moi igualadas nalgúns casos.
NORABOA aos finalistas e MOITAS GRAZAS a todas as persoas participantes polo entusiasmo amosado.
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do torneo:


xoves, 29 de febreiro de 2024

"8 de Marzo"

Nesta data, 8 de Marzo, celébrase en todo o mundo o  "Día Internacional da Muller". Existen versións moi diferentes sobre a elección desta data para commemorar tal Día, pero todas elas coinciden que a proposta foi presentada no ano 1910 nun período de gran transformación social e política.
Aínda que non debera ser así, todavía hoxe existen moitas nenas e mulleres que son  privadas dos seus dereitos. Que esta situación mellore, forma parte da educación de nenas e nenos.
Na biblioteca temos unha selección de títulos expostos entre os que podemos atopar os seguintes:


Nas seguintes webs podedes atopar recursos para traballar arredor desta data ou en calquera outro momento:
A continuación, podedes acceder a unha interesante páxina na que se reflicte como o machismo estivo presente nas nosas vidas dende fai anos:
 

O seguinte vídeo foi montado a partir do conto "Daniela Pirata" de  Susanna Isern:        
E por último...
Grazas a todas e todos os que elaboraron estes recursos e quixeron compartilos.

luns, 19 de febreiro de 2024

"Día de Rosalía"

 
O 23 de Febreiro, aniversario do nacemento da poetisa, celébrase o día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega volve contar cun programa de actividades para esta data.
A AELG disponse a commemorar un ano máis o Día de Rosalía, promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Visitando os seguintes enlaces é posible acceder ás imaxes da casa de Rosalía ou facer unha visita virtual polo seu cuarto:
Casa de Rosalía
No seguinte vídeo temos unha versión cantada  dun  dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes".

E tamén esta fermosa canción de Lia Pamina e os Peregrinos inspirada na obra de Rosalía:

 
E para rematar, para os máis pequenos e pequenas:

Para ver máis información e recursos podedes ir ao blog:   

xoves, 15 de febreiro de 2024

"Campionato de Xadrez 2024"

Unha das actividades máis exitosa da biblioteca e a de "Xadrez no recreo". 
E como non podía ser menos, ao longo do mes de marzo teremos o noso Campionato Anual.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

"Día Escolar da Paz e a Non Violencia 2024"

Xa estamos en Xaneiro, e a finais deste mes, o vindeiro martes 30, terá lugar o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia" . 
Coa conmemoración desta data queremos facer fincapé na importancia dunha educación na tolerancia, cooperación, amizade e solidariedade. 
No cole, ao longo das vindeiras semanas faremos diferentes actividades para concienciar da súa importancia. Entre as actividades que se levarán a cabo queremos destacar:
- Exposición na biblioteca de bibliografía relacionada con esta temática
- Proxección na biblioteca, na hora do recreo,  de curtas relacionadas con esta data que fomenten os valores de amizade, empatía, colaboración...
- Sesións de contos nas titorías promovendo a igualdade entre homes e mulleres.
- Elaboración de carteis nas aulas sobre peliculas relacionadas con esta temática.
- Acto conxunto no patio de todo o cole: baile, manifesto, solta de pombas.
En canto á selección de libros relacionados co Día da Paz que temos na biblio, podedes levar á aula ou en préstamo a casa aqueles que máis vos agraden. Esperamos que os disfrutedes. 

Deixamos o seguinte vídeo para comezar:


Si vos gustou, na etiqueta
RECURSOS
na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou...  premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña

Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.

venres, 22 de decembro de 2023

"As nosas Carteleiras"

Este trimestre, traballando arredor do cine, elaboramos diferentes carteleiras coas nosas pelis favoritas. Aquí volas deixamos para que poidades botarlles unha ollada.


E con esta presentación rematamos o trimestre. Soamente nos queda desexarvos 
BOAS FESTAS 

"Biblioteca ao patio"

Na última semana de decembro, antes das vacacións, quixemos aproveitar o bo tempo e os días de soliño para sacar a Biblioteca ao patio. Así o fixemos e queremos deixarvos unhas imaxes desa xornada:











luns, 11 de decembro de 2023

"Recomendacións lectoras Nadal 23"

Decembro xa chegou, as vacacións de Nadal xa están aquí. Como todos os anos Piquín non quere marchar de vacacións sen deixarvos as súas recomendacións lectoras.
Un libro é un estupendo compañeiro a calquera hora, para vivir aventuras, para viaxar, para soñar...
Aquí vos deixamos a Guía de Nadal 2023:




luns, 4 de decembro de 2023

"O Apalpador"

Moito antes de que Papá Noel chegase a Galicia , xa existía nestas terras  alguén moi importante no Nadal:
"O Apalpador"
A historia conta que o apalpador vivía nas montañas do Courel e que en Noiteboa...
Queres seguir???, poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial:
 http://www.apalpador.com/
e tamén nos seguintes enlaces, nos que temos unha boa recompilación de recursos:
CEP de Ventín    
Grazas a todas as persoas que elaboraron estes recursos e compartiron o seu traballo.
Na nosa biblioteca están os contos, (tamén se poden ler ou ver clicando nas portadas):
                      

E... para cantar e bailar: 


E para ter en conta nos días que chegan, deixamos este video sobre unha campaña de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos... para reflexionar todas e todos un pouquiño