venres, 14 de decembro de 2012

"Recomendacións Nadal"

No Nadal, Piquín tamén gusta de ler e por iso nos fai as seguintes recomendacións. Seguro que son divertidas, misteriosas, instructivas, interesantes, delicadas...
Esperamos que as disfrutedes.


mércores, 5 de decembro de 2012

"Máquinas voadoras"

As máquinas forman parte da nosa vida sen que nos decatemos moitas veces da súa evolución ao longo do tempo. Leonardo da Vinci foi un grande inventor, dos  máis recoñecidos hoxe en día. O seu traballo, as súas investigacións obtiveron importantes logros. Aquí temos dous pequenos cortos relacionados con Leonardo.



"Conmemoracións escolares"

Na primeira quincena de decembro o calendario escolar marca a celebración das seguintes conmemoracións:

- Do 1 ao 11 de decembro de 2012: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

- 10 de decembro de 2012: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Para esta ocasión o CPI da Cañiza traballou na recompilación de diferentes recursos que pon á disposición de todos nós. Grazas a todos os implicados neste traballo.

Facendo clik nas imaxes pódese acceder ás diferentes actividades:
                                

luns, 26 de novembro de 2012

"Máquinas e inventores"




Este ano temos como proxecto de traballo:
 "As máquinas ao longo do tempo"
Investigaremos en todo o cole sobre as primeiras máquinas, as máquinas na actualidade e o futuro da tecnoloxía. Pero o noso traballo quedaría incompleto se non falaramos dos inventores que idearon tales máquinas. Comezaremos falando de dous inventores galegos:


- Ramón Verea García                   - Alexandre de Fisterra 


                   

O primeiro deles foi o inventor da calculadora e o segundo do futbolín. Dous grandes inventos que seguen estando de actualidade. Se queredes saber máis cousas sobre eles premede na imaxes.

E para seguir investigando sobre o tema podedes acceder á aula virtual do cole facendo clic no noso Pikín Inventor situado na barra lateral.

martes, 13 de novembro de 2012

"Celebramos o Magosto"

A semana pasada, concretamente o venres 9, celebramos o Magosto no cole. Tivemos un tempo estupendo que permitiu que o programa de actividades se desenvolvese tal e como estaba previsto.
Facendo click na seguinte imaxe pódese acceder ás fotos da xornada presentadas na web do centro:

               



luns, 22 de outubro de 2012

"Día das Bibliotecas Escolares"






Este mércores 24 de Outubro é o Día das Bibliotecas Escolares e aquí vos presentamos o cartel editado para este curso 2012-2013. O ilustrador é o creador galego Andrés Meixide e este ano temos como lema:
"Biblioteca Escolar, acelerador de innovación"
Esperamos que vos guste.

mércores, 26 de setembro de 2012

"Contos nas árbores"

O curso xa está camiñando e a nosa biblioteca disposta para amosarvos interesantes novidades. Pero non só no cole temos oportunidades de entrar en contacto co mundo das fadas, os trasnos... e outras personaxes. Existen alternativas interesantes para compartir coa familia e os amigos e aquí vos presentamos unha: contos dende a casiña das árbores.
Xa  coñecemeos a Anxo Moure, quizáis mellor si decimos "Carballo con Botas". 
Dende a súa casiña enriba dun carballo e un castiñeiro nos invita a escoitar  historias que teñen moito que ver coas nosas fragas, os nosos ríos... e unha chea de pequenos seres que alí pasan a súa vida.

mércores, 4 de xullo de 2012

"Nas vacacións..."

Aínda que son vacacións é tempo de disfrutar e por iso tempo para ver traballos tan fantásticos como o que nos presentan os compañeiros do IES de Chapela. Paga a pena adicarlle uns minutos. Grazas por compartilo.

mércores, 20 de xuño de 2012

"Remata o curso"

Xa chega o fin de curso pero antes de rematar fíxose a entrega de medallas aos gañadores do campeonato de xadrez e tamén de un pequeno agasallo aos axudantes de  biblioteca. 
Noraboa: 
Victor, Iago, Rodrigo, Sabela, Alberto, Juan, Pedro e Esteban.
Seguide mellorando as vosas xogadas e vémonos no próximo campeonato.

E antes de rematar moitas grazas a:
Alba, Ana, Guillermo, Iria, Sara, Nerea, Alicia, Catalina, Paula, Lucía, Mónica, Imán e Antonio.
A vosa colaboración na biblioteca foi esencial para un bo funcionamento ao longo do curso.

Boas vacacións a todos e todas e que disfrutedes do merecido descanso.

"Contacontos"

Nesta semana tivemos a sorte de escoitar 2 fermomísimos contos:
-É rara Makeke?
-Bebé Bigotes
Foron ilustrados e contados polos nenos e nenas de 4º de Atención Educativa. Os pequenos de Ed. Infantil estiveron encantados coa posta en escea. Ademáis do estupendo traballo plástico que fixeron son uns grandes contadores. Grazas e noraboa.


Contacontos na biblioteca 

xoves, 7 de xuño de 2012

"Exposición de África"

Esta semana a nosa biblioteca vístese de África. 
Ao  longo do curso traballouse este tema nas aulas e como remate temos unha estupenda exposición de materiais e traballos feitos por nenos e nenas do cole.
Aquí podedes ver unhas fotos da nosa exposición. 
 

 

 

"Letras Galegas 2012"

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é un pontevedrés: Valentín Paz Andrade. No cole decidimos adicarlle parte do noso traballo e conxuntamente celebrar os 50 anos das Letras.
Aquí tendes un resumo en fotos da nosa actividade.

domingo, 3 de xuño de 2012

"Día do Medio Ambiente"

O martes 5 de xuño será o "Día Mundial do Medio Ambiente". A celebración desta data  pretende sensibilizar á opinión mundial en relación a temas ambientales e este ano a ONU elexiu a Brasil como sede para a súa commemoración.
No cole, despois de plantar varias árbores no patio e elaborar un libro guía de todas as existentes, decidiuse colocar uns carteis sinalizadores cos nomes de cada unha. O día elexido para colocar estes carteis elaborados polo alumnado foi este 5 de xuño de 2012.



No seguinte Lim feito por unha compañeira, Belén Junquera podemos traballar a reciclaxe, de grande importancia para a conservación do medio ambiente. Grazas por compartir esta actividade.




sábado, 2 de xuño de 2012

"Campionato de xadrez"

Nesta semana do 28 de maio ao 1 de xuño, tivo lugar o campionato de xadrez deste curso. A actividade desenvolveuse na biblioteca cunha exitosa participación de alumnado. Aquí podedes ver algunhas fotos das xornadas.
 

 

 

sábado, 26 de maio de 2012

"A Identidade"

O dereito a identidade, un dereito de todos, grandes e pequenos, aínda que ás veces o esquezamos. Que elementos interveñen na fomación da nosa identidade? No seguinte vídeo podemos responder a esta pregunta. Esperamos que vos guste.

xoves, 24 de maio de 2012

"Día de África"

O 25 de maio celébrase o Día de África, en commemoración da fundación da Organización da Unidade Africana.
Este curso estamos traballando para coñecer un pouco mellor este continente, a súa xeografía, as súas xentes, a súa cultura... e descubrir as riquezas que nos pode ofrecer.




Na aula virtual do cole podemos encontrar máis actividades relacionadas, vídeos, contos... Facede click na seguinte dirección:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelvidal/

mércores, 11 de abril de 2012

"Letras Galegas 2012"

Recoñeces este personaxe?. Sabes onde atopalo?. O seu nome é Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano 2012 no día das "Letras Galegas". Este escritor nacido en Pontevedra foi membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias. Para saber máis preme na foto e na páxina do Seminario Galán atoparás información e actividades relacionadas coa súa vida e obra.


CANTARELA DO CANTEIRO 
Valentín Paz Andrade  «Sementeira do vento»

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cincel.
...
O teu arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
qué xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
...
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.
                                Samil (Vigo), 1959

E tamén "CANDO TI VOLVAS" «Pranto Matricial» ,  nunha versión feita polo CEIP San Xoán de Filgueira

xoves, 15 de marzo de 2012

"Día da Poesía, Día da Árbore"

O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo da semana traballaremos nas aulas en torno a estas dúas temáticas do seguinte xeito:


1.- Día da Poesía

- Ilustración de poesías de Celso Emilio Ferreiro, xa que este ano se celebra o centenario do seu nacemento.
- Elaboración de poemas libremente.
Os traballos realizados serán recopilados nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección 4: libros de produción propia.

2.- Día da Árbore

- O día 21 varias árbores serán plantadas no patio. Posteriormente serán elaborados uns carteis co nome de cada unha delas e tamén das xa existentes.

Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro.

Este escritor celanovés naceu o 4 de xaneiro de 1912 e a obra que o consagrou definitivamente como poeta foi: "Longa noite de pedra" publicada no ano 1962.
A Fundación que leva o seu nome contribúe a difundir o seu legado e na súa páxina dan a coñecer as actividades programadas para celebrar este centenario. Premendo no seguinte enlace atoparedes máis información:    celsoemilioferreiro

No seguinte vídeo temos unha fermosa versión dun seus  poemas máis coñecidos: "María Soliña", con música de Carlos Nuñez e voz de Teresa Salgueiro.

domingo, 11 de marzo de 2012

"Semana da Prensa"


Tal e como se recolle no Calendario Escolar para o curso 2011-2012, do 12 ao 16 de marzo, terá lugar a Semana da Prensa na escola. Un día da semana adicarase a traballar cos xornais na aula.

Dende o CEIP Mestres Goldar chega a seguinte páxina de interesantes recursos.

https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/

Grazas por compartir este traballo.

mércores, 22 de febreiro de 2012

"Eu falo así"

Nunca está de máis recordar a riqueza que nos dá a diversidade. Podemos recoñecer todas as línguas que aparecen? É unha suxestión dun compañeiro de Fornelos, grazas.

luns, 6 de febreiro de 2012

Charles Dickens


O 7 de febreiro deste ano 2012 cúmplense 200 anos do nacemento de Charles Dickens, famoso novelista inglés coñecido e leído no mundo enteiro. Creou personaxes inolvidables como  Oliver Twist ou David Copperfield e a súa historia de pantasmas: "Un Conto de Nadal", foi adaptada e versionada en diferentes ocasións para cine, televisión e radio.