martes, 21 de marzo de 2017

"Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo"

O día 2 de abril é a data sinalada pola Unesco como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
O que se pretende con este recoñecemento é traballar cara a mellora das condicións de vida das persoas con autismo e axudar na creación dunha sociedade máis inclusiva.
Este ano 2017 dende Autismo España e Federación Autismo Galicia propoñen o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" e a súa campaña vai encamiñada a dar a coñecer as barreiras ás que se enfrentan as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
As persoas autistas teñen unha forma particular de percibir o mundo o que fai que moitas veces as súas actuacións non sexan acordes cos patróns considerados axeitados.
Para saber máis premede na imaxe

e aquí tendes algún vídeo que pode axudarnos a entender
e no seguinte enlace atoaparedes moitos máis:
hasta la luna ida y vuelta

domingo, 19 de marzo de 2017

"21 de Marzo"

O 21 de marzo está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Para commemorar esta data no cole temos a seguinte proposta:
- Elaborar por niveis e ciclos a nosa "Árbore de Poesía", unha árbore moi especial que encheremos de estrofas, rimas, pareados...
- Facer unha exposición na biblioteca con bibliografía relacionada con estas dúas commemoracións. 
Algúns son títulos tan fermosos como

Resultado de imagen de poemas birollos para leer cos ollos  

 
E mentres imos desenvolvendo esta actividade viaxemos coa imaxinación e coa axuda dos seguintes vídeos.O primeiro, unha mostra da marabilla dos nosos bosques.


E tamén este outro, un fermoso conto, sempre axeitado

martes, 7 de marzo de 2017

"8 de Marzo"

Nesta data, 8 de Marzo, celébrase en todo o mundo o  "Día Internacional da Muller ". Existen versións moi diferentes sobre a elección desta data para commemorar tal Día, pero todas elas coinciden que a proposta foi presentada no ano 1910 por Clara Zetkin nun período de gran transformación social e política.
Aínda que non debera ser así, todavía hoxe existen moitas nenas e mulleres que son  privadas dos seus dereitos. Que esta situación mellore, forma parte da educación de nenas e nenos.
Na biblioteca temos unha selección de títulos expostos entre os que podemos atopar os seguintes:
 

 
Na seguinte páxina temos interesantes recursos relacionados con esta data:
recursos educativos (ceipmestresgoldar)
O seguinte vídeo foi montado a partir do conto "O País dos Mandóns"para traballar esta data con nenos de Ed. Infantil. 


E por último...

Grazas a todas e todos os que elaboraron estes recursos e quixeron compartilos.

domingo, 5 de marzo de 2017

"URCO E RAVACHOL"

Aquí vos deixamos un fantástico vídeo sobre a historia do Rei Urco e de Ravachol, as dúas figuras máis importantes do Entroido en Pontevedra. Este estupendo traballo foi elaborado pola profe Lupe e Fidel Prieto. Gracias aos dous por compartilo.

video






martes, 28 de febreiro de 2017

"Entroido 2017"

O venres 24 celebramos o Entroido no cole. 
Participamos todas e todos, dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria:
disfrazámonos, desfilamos pola beirarúa, bailamos no patio... e pasamos un día estupendo.
Se queredes ver as fotos da xornada clicade na seguinte imaxe:
Resultado de imagen de entroido

domingo, 12 de febreiro de 2017

"Chega o Entroido"

O vindeiro Venres 24 celebraremos o entroido no cole. A proposta da biblioteca deste curso como ben sabedes ten por título "Emociónate con Nós!!". Así que neste entroido cada nivel elexirá que emoción quere representar para o gran día.

No entroido tradicional galego teñen cabida o baile, as máscaras, o xogo...
E unha boa mostra de todo podemos atopala facendo click nesta fermosa imaxe.
Unha boa recompilación de recursos con unidades didácticas, actividades lim, vídeos, manualidade, receitas e moitros outros que esperamos sexan do voso agrado.

E no seguinte enlace atoparedes máis:
CEIP MESTRES GOLDAR
Grazas a todos os que fan posible que disfrutemos deste gran traballo.

"Día de Rosalía"

 
O vindeiro 24 de Febreiro, aniversario do nacemento da poetisa, celébrase o día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega iniciou o programa de actividades para esta data.
A AELG disponse a commemorar un ano máis o Día de Rosalía, promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Visitando os seguintes enlaces é posible acceder ás imaxes da casa de Rosalía ou facer unha visita virtual polo seu cuarto:
Casa de Rosalía
Cuarto de Rosalía
No seguinte vídeo temos unha versión cantada  dun  dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes".


E tamén

mércores, 18 de xaneiro de 2017

"Propostas 30 de Xaneiro"

Ao longo do 2º trimestre traballaremos arredor das emocións que podemos provocar nos demáis coas nosas accións ou actitudes.
Empezaremos coas seguintes propostas para desenvolver ao longo do mes de Xaneiro:
1    -  Actividade en parellas (Hora / Día de...compartir..)
Colocados en fila ou círculos concéntricos  en parellas, cada nen@ debe dicir e escoitar :
 “Non me gusta cando ti…”
“Pero me gusta moito cando…”
(Sempre neste orde)
Pode facerse en varias sesións ao longo do mes, ou ao longo dunha semana…  e deberán rotar as parellas ata completar co total da clase.

2   -  Lectura compartida
Cada nen@ deberá traer de casa un pequeno parágrafos de 5/6 liñas  relacionado coa amizade, solidariedade...  (valores relacionados coa Paz), que lle guste moito para compartir cos compañeir@s. A lectura dos parágrafos farase en parellas ou para toda a clase.
Unha vez lidos faremos unha exposición dos textos e elixiremos entre tod@s o que máis nos gustou para lelo en voz alta no Día da Paz.

3    -  Agasallo con mensaxe

Cada nen@ preparará un marcador cunha palabra/frase bonita. Ao rematar o acto xeral do dia 30, intercambiarán individualmente eses agasallos entre os nen@s do nivel que lle sexa asignado.

Fatima Mernissi - Día da Paz nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza



Fátima Mernessi


Da man da biblioteca do CEIP Campolongo chega esta proposta feita polas Escolas Asociadas Unesco de Galiza:
- Traballar arredor da figura de Fátima ou Fatema Mernissi ao longo do mes xaneiro.

Fátema Mernissi, Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións. (Ver Citas) - (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013) - Ver libros

A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.

Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral". "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.

Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.

Defensora dos dereitos da muller

Ao regresar a Marrocos nos anos setenta tras completar os seus estudos no estranxeiro, Mernissi deuse conta de que, máis que converterse en experta no seu traballo, o que necesitaba primeiro era defender os seus dereitos para estar plenamente nese traballo, e para iso tivo que volver revisar os textos coránicos.

Tras un minucioso estudo das diferentes versións do Corán, Mernissi lanzou o seu máis soada afirmación: o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senón outros homes, quen empezou a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase. Escribiu "O harén político" con estas teorías, enfureció ao réxime e o libro converteuse no único libro prohibido en Marrocos (aínda hoxe), aínda que noutros países musulmáns, como en Siria, obtivo gran éxito. "El velo y la élite masculina" , publicado en 1987, foi outro dos seus estudos censurados en Marrocos e nalgúns países musulmáns. A socióloga marroquí foi tamén una das primeiras en dicir publicamente que a educación da muller nos países en vías de desenvolvemento é o mellor anticonceptivo existente.

Seu é un dos primeiros estudos realizados a principios dos anos oitenta no que se demostraba cientificamente a correlación entre a alfabetización da muller e o índice da natalidade. En Marrocos, por exemplo, e tal como ela mesma explica no seu libro "Marrocos a través das súas mulleres" , de cinco fillos nas mulleres non alfabetizadas pásase a dúas nas alfabetizadas. As súas investigacións neste sentido foron de gran utilidade para as comisións especializadas das Nacións Unidas.

Noutro dos seus libros traducidos en España, "O poder esquecido", "As mulleres ante un islam en cambio", recompilou unha serie de artigos escritos nos anos oitenta e principios dos noventa que tentaban responder, desde diferentes ángulos, á pregunta que a obsesionaba por aquel entón: por que os Estados árabes son tan hostís ás mulleres? Por que non as poden ver como forza motriz do progreso? «Non comprendín o misterio da hostilidade estatal cara á muller -afirmou nunha ocasión- ata que estalou a guerra do golfo Pérsico. Foi entón cando se viu claramente que non se trataba dunha guerra contra a feminidade senón dunha guerra contra a democracia.»

Loitadora infatigable

Mernissi compaxinou as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora e as incontables invitacións que recibe de todo o mundo para dar conferencias e presentar os seus libros (toda a súa extensa obra foi traducida a varios idiomas e moitos dos seus títulos son textos obrigatorios no ámbito universitario).

O seu entusiasmo, como a súa risa, é unha das súas características máis destacadas. Tiña unha estraña capacidade para tomalo todo con imbatible ánimo, para converter unha derrota nun triunfo. Como, por exemplo, o tema da súa imaxe. Fátima procurou non saír na televisión e poucas veces se deixa retratar nos xornais e as revistas de maneira que o seu rostro sexa reconocible: afai poñerse un pano ou a taparse un ollo ou a boca ou algunha parte da cara.

Sen dúbida, esta é unha medida de prudencia máis que necesaria para os tempos que corren. Pero Fátima négase a admitir esa limitación da súa liberdade, o recoñecemento da presión dos integristas musulmáns, e prefire dicir que lle gusta manter o anonimato para poder investigar mellor e non ser recoñecida pola rúa e que ao retratarse así está a construír un símbolo da situación da muller árabe, que non é do todo libre para falar, ver e ser, á vez que converte os seus retratos nunha parte máis da súa loita e da súa mensaxe.

martes, 17 de xaneiro de 2017

"Día da Paz"

O vindeiro 30 de Xaneiro terá lugar o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia" . Nesta data preténdese destacar a importancia dunha educación na tolerancia, cooperación, amizade e solidariedade.
Na biblioteca temos feita unha selección de libros relacionados co Día da Paz que podedes levar á aula en préstamo quincenal. Esperamos que os disfrutedes. Deixamos o seguinte vídeo para comezar:


Si vos gustou, na etiqueta
RECURSOS
na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou...  premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña


Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.